martes, 17 de mayo de 2011

Mentira, literatura, ficción, manipulación

Debatida xa a lexitimidade da fotografía de Bauluz, do P.S. de Rico, das declaracións de Cercas... Plantexo agora outra cuestión: Que hai das mentiras do día a día nos xornais?

Se queremos realmente xulgar todos estes feitos, todo o tema principal da discusión entre estes periodistas, na miña opinión habería que partir dende a sabenza de que todo o que se di nos periódicos é verdade. E mais ben non. Moitas veces non nos damos de conta; pero a información que chega a nós está completamente mediatizada, xa sexa por motivos de orientación política do xornal (ou do director), de intereses económicos, publicitarios, etc., a falta de verdade é unha constante en tódolos medios de comunicación que están á nosa disposición.

Se ata Cercas defende a omisión e os cambios a conciencia da información. Se ata Espada, que tanto defende o uso da verdade, seguro que algunha vez a traizoou polo motivo que fora. Nin contrastando información, nin lendo enteiro El Mundo e despois El País podemos chegar a coñece-la verdade auténtica da información, sobretodo se esta é relativa a cuestións políticas. Supostamente iso é algo que non se pode facer; NON se pode mentir nun xornal, un xornalista debería ser un mero escribán que fai chegar á xente a información que recibe. E se xa nas seccións “normais” do periódico, onde a información debería ser obxectiva, ocurre isto; que podemos atoparnos nas de opinión...

Na miña opinión, o sarcasmo se pode empregar cando o emisor o entende. Unha imaxe non pode ser manipulada, pero se realmente existiu e quere facer ver algo, pode ser publicada aínda que sexa un tema algo controvertido. Pero o que non é lexítimo de ningunha maneira é manipular á xente, aproveitando que supostamente lle estás facendo chegar información.

Por suposto esta é a miña opinión... Se falta algo xa será completado. E se hai alguén en desacordo, paréceme perfecto, que para iso estamos escribindo aquí.


Paula Franjo 

jueves, 14 de abril de 2011

O caso Bauluz

"Muerte a las puertas del paraíso", por Javier Bauluz

2 de Setembro do 2000
“Levanto la vista y veo una pareja sentada bajo su sombrilla con el cadáver a pocos metros. No se mueven de su sitio a pesar de los periodistas, sus cámaras y el muerto. Todavía jadeando disparo tres veces. La 32, 33 y 34ª del mismo rollo del superviviente que rezaba. Una de estas fotos es la de la pareja, la sombrilla y el cuerpo del inmigrante al fondo (…) Me parece una falta de respeto y me indigna.”


Esta fotografía publicouse no New York Times obtendo gran repercusión. Segundo o fotógrafo Bauluz a foto foi empregada para denunciar a “hipocrisía de occidente” ante a inmigración. Pola contra, Espada mantén que a imaxe foi tomada dende un ángulo no que quedaba excluído o persoal encargado de atender ó cadáver, empregando una óptica que reduce a profundidade de campo; é dicir, aparenta un acercamento “ficticio” entre a parella e o cadáver. O Consell de Informació de Catalunya adoptou unha resolución estimando as opinións de Espada como “falsas, inxustas e sen razón”.

“Ni Bauluz ni sus editores han comprendido todavía la naturaleza de la manipulación a que se sometieron a la pareja. Si se abre el ángulo y lo que se muestra es contradictorio con el original seleccionado, entonces la foto es falsa.”-Arcadi Espada.
Segundo Espada, mentres a creatividade é aceptable con fines artísticos, non o é con fines informativos.

Aquí tendes información ampliada sobre o caso Bauluz http://aespada.blogspot.com/


David Penas e Xiana Méndez

domingo, 10 de abril de 2011

Busco a verdade entón segundo Cercas son unha mentireira


`Exigimos una campaña legal contra quienes propagan mentiras políticas deliberadas y las diseminan a través de la prensa´.
Esta é a frase coa que Javier Cercas comeza o seu artigo: `Rico, al paredón´ e que foi pronunciada por Adolf Hitler no ano 1920. Cercas utiliza esta frase como un `exemplo´ para darnos a entender que as persoas que pretenden que se lle conte a verdade, en realidade, son as que menten. Despois centra o asunto no seu campo, o periodismo. Posiblemente este comentario fose dirixido a aqueles que acusaron a Francisco Rico de mentir no seu P.S., esa frase que ocupa tantos dos nosos comentarios e da que non podemos saber con seguridade o seu significado, pero de seguro que tamén pretendía dalgunha forma atacar ó seu eterno rival Arcadi Espada nas frases posteriores, nas que alude á mentira na literatura, e isto recorda ó problema que tivo Cercas con Espada cando o primeiro publicou o seu libro Soldados de Salamina.
 
Ben, como dicía, Cercas acusa de mentireiros a aqueles que buscan saber a verdade, polo que si eu, ante algo que é mentira ou que ó meu ver o é, (pois como dicía antes non sabemos o verdadeiro significado do PS) quere dicir que o fago para esconder as miñas mentiras?; na miña opinión Cercas está totalmente errado, buscar a verdade é algo que todos debemos facer, pois do contrario, ó enganar ós demais estámonos enganando a nós mesmos, ó mellor non se me entende ben o que quero dicir ou vos parece esaxerado pero non encontro forma de explicalo mellor.
 
Con esta opinión só me estou referindo ás mentiras deliberadas,como dí na frase que emprega Rico, refírome a que en ocasións unha persoa pode mentir pero sen darse conta de que o fai porque pode estar errado e pensar que está dicindo algo verdadeiro.
 
Agora que xa dixen a miña opinión, gustaríame engadir a opinión dunha persoa que falou comigo pois parecíalle moi mal que Cercas utilizase unha frase de Hitler, pero non polo que a frase dicía senón polo mero feito de ser el, de forma que se despois da frase non aparecese o seu nome e non indagaramos sobre o autor da mesma, non habería ningún inconvinte en que se utilizase. Eu penso que non nos debería parecer mal, independentemente do que esa persoa fixese, non quere dicir que non debamos nombralo ou que nos pareza `insultante´que alguén o faga.
 
Por último dicir que é a primeira entrada que fago e que seguramente teño moitos fallos así que espero que mos digades, que comentedes moito e que rebatades a miña opinión.
 
 
 
 
                                                                                                                                                                               Lidia Sánchez Guerra 

jueves, 7 de abril de 2011

A miña víctima Cercas

Un artigo que comeza sinalando como Arcadi vai falar unha vez máis sobre Cercas nun período de tiempo tan curto, pese a non ser prato de bo agrado para el, quen puidera imaxinar que tal artigo ía dar tanta polémica.

A maneira na que se expresa, semella que o mesmísimo Arcadi se está compadecendo de Cercas cuando resalta que: “La policía ha acabado mezclando innoblemente su nombre con el de los cabecillas de la red” “ No es ni lógico ni justo ni tolerable que su nombre fuera citado al día siguiente un uno de esos siniestros programas [...]”, “Es por completo miserable que alguien haya querido mezclar a Cercas con el tráfico de personas” e incluso, remata enviando un abrazo á “víctima Cercas”!, pero si miramos mais a fondo que simplemente o que leemos podemos observar a aplastante ironía presente ao longo do artigo.
Dunha maneira maxistral, Arcadi di que se mezclou innoblemente o nome de Cercas co dos cabecillas da rede. Se é unha noticia falsa, Arcadi non ten por que dar ese dato se non é máis que para darlle máis importancia ao artigo e mais controversia aínda. Dá tamén un Link a unha páxina que, se observamos ben, a páxina non existe, é mais, o dominio “arganzuelamonamour.com” está en venta.Espada tamén di que non é ni lóxico nin xusto nin tolerable que o seu nome fora citado ao día seguinte nun de esos programas que levan o gato do periodismo á auga, pero só para escaldalo. Pero, o día seguinte foi domingo e o programa “El gato al agua” non se emite os domingos...en cambio, como é o título de a entrada de Arcadi? Gato al agua. Está con isto sinalando que el e o que quere escaldar a Cercas polo que dixo sobre a verdade no xornalismo?
Na seguinte liña, cita a devandita polémica e recorda o asunto Vigalondo, alguén que, por decilo de unha forma sinxela, mentiu e foi despedido do mesmo periódico no que traballa Cercas, querendo decir quizais que se Vigalondo estaba sendo irónico e foi despedido, non se debería permitir que Rico mentira? Ou quizais, que Cercas non debe apoiar a mentira de Rico, ou mezclar a literatura e o periodismo se non quere acabar coma o seu compañeiro Vigalondo. Tamén comenta que se o suceso de Arganzuela non ocorrera quizais lle respondería ao artigo que Cercas publicara hai uns días. Quere decir con isto, unha vez mais, que esta é a súa maneira de responderlle a Cercas?
Logo volve a “defender” a Cercas argumentando que é miserable que alguén quixera mezclar a Cercas co tráfico de persoas, cando é el mesmo quen o está culpando de tal cousa. Tamén dí que fala perfectamente en serio, como pode afirmar que fala totalmente en serio? É incongruente! Exactamente igual que o que fixo Rico admitindo que nunca na súa vida había fumado, habendo milleiros de fotos de el facendo tal.
Algo que me fai moita gracia é cando dí que Cercas podrá ser calquer cosa, de feito éo; pero xamais un malvado. Para empezar arremete contra Cercas chamándoo de todo, menos malvado, sen un só insulto... é á vez, o malvado estña sendo el ao mentir dunha maneira tan forte sobre unha persoa, está así dicindo unha vez mais que isto non é mais que unha forma de facer a Cercas ver o seu erro?
Para min o máis impactante e gracioso, é a maneira na que se despide.“Vaya desde aquí mi fraternal abrazo a la víctima Cercas y mi deseo de que se recupere pronto del mal trago infame” Vitima de quen se non é de si mesmo? E fala do mal trago infame, que, tamén é o que el mesmo lle fai pasar. Dalgunha maneira, con este final na miña opinión, está reiterando que é todo mentira e admitindo que lle está facendo con isto moito dano,manchando sen dúbida a súa reputación. Ademais, di que lle espera, espera que Cercas diga algo para que así el mesmo admita que Espada ten razón, e a ficción non ten lugar no xornalismo. Espada está seguro de que volverá e lle dará a razón, xa que a teoría de Cercas non nos defende das calumnias, non marca un punto de separación entre a calumnia e a ironía, e con esto podríamos salir todos escaldados, como lle pasa a Cercas ca noticia que da Arcadi.
Para mín, sen dúbida, Arcadi ten toda a razón do mundo, e manexa o lenguaxe de unha maneira extraordinaria, sabe xusto o que decir para ferir dando sempre mil voltas e nunca atacando directamente, senón que con ironías e indirectas, e con este artigo está demostrando o mal que pode facer mentir no xornalismo, quen non cree ó menos un pouco as noticia que ve, escoita ou lee nos medios serios como o diario O País? Quen non ía creer, con tantos argumentos, que esta historia é falsa? Que podería facer Cercas agora para defenderse sen admitir que non tiña razón? Para mín, non puido haber mellor resposta que esta. Como cando os escépticos admiten que “están totalmente seguros de que non se pode ter unha certeza absoluta” e así están desmontando eles mesmos a súa teoría, se Cercas o denunciara estaría lapidando a súa teoría.


Vanessa Fornís.
 

domingo, 3 de abril de 2011

O post scriptum irónico



   Javier Cercas publicou o pasado 13 de marzo no diario EL PAÍS un artigo en defensa de Francisco Rico, o cal foi avasallado polas queixas que os lectores presentaban ó periódico polo polémico P.S. que Rico escribiu nun artigo de opinión contrario a lei antitabaco.
   
    Cercas afirma que o periódico é o lugar idoneo pasa asediar a verdade dos feitos (verdade factual), pero tamén di que non todo o que se conta nun periódico responde a verdade dos feitos, a esto responde cun exemplo no que un periodista crea un artigo no que se pon na pel dunha muller (o da nai enana dentro da neveira); aquí temos presente a verdade moral pero non a factual. Isto mesmo sucede no artigo que escribiu Rico; existe a verdade moral de que todo o que comenta xeralmente é certo,  pero a verdade factual non existe xa que o P.S. non se corresponde estrictamente coa realidade.   
    Por outro lado, como todos sabemos, o artigo de Rico foi moi discutido polos lectores, pero estes non discutían os argumentos, se non que denunciaban a impostura que tomou no post scriptum xa que Rico era fumador. O mesmo tempo a defensora do periódico plantea hasta que punto é legal recurrir a unha mentira (P.S.) para defender unha verdade (a opinión), a esto Cercas toma contestación decindo que hasta que punto é legal facer unha broma nun periódico. Con isto quere decir que o post scriptum non é máis que unha simple broma, xa que “todos” sabemos que Rico fuma e denunciar eso, sería o mesmo que denunciar un artigo sobre o embarazo no que se comenta como P.S. que os nenos veñen de París. Dito isto cabe decir que o artigo de Rico ten un significado xocoso, e isto non o permiten 2 clases de persoas (os que denuncian); os que están en contra da farsa e os que están en contra do tabaco, os cales neste caso son os mesmos co fin de fortificar os argumentos da súa denuncia; salíndonos un pouco do tema é nestos casos onde descubrimos ate onde pode chegar a xente cando algo non lle gusta. 
    Todo o anterior incumbre nunha sola parte do periodico(opinión) onde son admisibles certos permisos, e non no resto, onde debe imperar unicamente a verdade factual. Para concluir hai que decir que un periódico esta obrigado a contar a verdade factual; lóxicamente, pero tamén deberían contar outras verdades como a verdade irónica.   

                                                                                                                                         Alex Bahamonde

sábado, 26 de marzo de 2011

Mentira ou Literatura?


Toda esta polémica comezou co post scriptum do artigo de Francisco Rico, “Teoría y realidad de la ley contra el fumador”, no cal nega  haber fumado un so cigarro na súa vida. Esta frase pódese interpretar de mil maneiras. Eu penso que o autor so quería enfocalo artigo dende outro punto de vista, xa que non pensa igual unha persoa que fuma, unha que nunca probou o tabaco ou un fumador pasivo.
Por outra parte, este recurso espertou a malicia da xente, que véndose en contra da opinión persoal de Rico, criticou ó autor e non ó que este dicía. Sexa ou non verdade que el non é fumador, non debería ser un argumento en contra do artigo. Se alguén non está de acordo cunha opinión, o que debería facer é comentalos argumentos, non atacar a quen os di.
Esta é so a miña opinión persoal, polo que podedes rebatila cos argumentos que teñades. So pido que non usedes argumentos contra a miña persoa, senón contra as miñas ideas. De faceres o que vos pido lerei con atención os vosos comentarios e aceptarei as vosas críticas. Se vos prace tamén me gustaría lelas vosas críticas (constructivas) sobre a miña forma de redactar para mellorala.

Asinado por:
Paranoia

miércoles, 23 de marzo de 2011

"En mi vida he fumado un solo cigarrillo"

Con esta afirmación o periodista Francisco Rico conclúe a súa "Teoría y realidad de la ley contra el fumador", artigo de opinión publicado en El País o once de xaneiro. A revolta estaba asegurada, pois quen ben o coñece sabe que é un fumador empedernido. "En mi vida he fumado un solo cigarrillo" ten un carácter xocoso se se quere, pero non deixa de ser un determinante argumentativo. Pode que a intención do periodista fose precisamente publicitar a súa propia opinión mediante a controversia.