martes, 17 de mayo de 2011

Mentira, literatura, ficción, manipulación

Debatida xa a lexitimidade da fotografía de Bauluz, do P.S. de Rico, das declaracións de Cercas... Plantexo agora outra cuestión: Que hai das mentiras do día a día nos xornais?

Se queremos realmente xulgar todos estes feitos, todo o tema principal da discusión entre estes periodistas, na miña opinión habería que partir dende a sabenza de que todo o que se di nos periódicos é verdade. E mais ben non. Moitas veces non nos damos de conta; pero a información que chega a nós está completamente mediatizada, xa sexa por motivos de orientación política do xornal (ou do director), de intereses económicos, publicitarios, etc., a falta de verdade é unha constante en tódolos medios de comunicación que están á nosa disposición.

Se ata Cercas defende a omisión e os cambios a conciencia da información. Se ata Espada, que tanto defende o uso da verdade, seguro que algunha vez a traizoou polo motivo que fora. Nin contrastando información, nin lendo enteiro El Mundo e despois El País podemos chegar a coñece-la verdade auténtica da información, sobretodo se esta é relativa a cuestións políticas. Supostamente iso é algo que non se pode facer; NON se pode mentir nun xornal, un xornalista debería ser un mero escribán que fai chegar á xente a información que recibe. E se xa nas seccións “normais” do periódico, onde a información debería ser obxectiva, ocurre isto; que podemos atoparnos nas de opinión...

Na miña opinión, o sarcasmo se pode empregar cando o emisor o entende. Unha imaxe non pode ser manipulada, pero se realmente existiu e quere facer ver algo, pode ser publicada aínda que sexa un tema algo controvertido. Pero o que non é lexítimo de ningunha maneira é manipular á xente, aproveitando que supostamente lle estás facendo chegar información.

Por suposto esta é a miña opinión... Se falta algo xa será completado. E se hai alguén en desacordo, paréceme perfecto, que para iso estamos escribindo aquí.


Paula Franjo