domingo, 10 de abril de 2011

Busco a verdade entón segundo Cercas son unha mentireira


`Exigimos una campaña legal contra quienes propagan mentiras políticas deliberadas y las diseminan a través de la prensa´.
Esta é a frase coa que Javier Cercas comeza o seu artigo: `Rico, al paredón´ e que foi pronunciada por Adolf Hitler no ano 1920. Cercas utiliza esta frase como un `exemplo´ para darnos a entender que as persoas que pretenden que se lle conte a verdade, en realidade, son as que menten. Despois centra o asunto no seu campo, o periodismo. Posiblemente este comentario fose dirixido a aqueles que acusaron a Francisco Rico de mentir no seu P.S., esa frase que ocupa tantos dos nosos comentarios e da que non podemos saber con seguridade o seu significado, pero de seguro que tamén pretendía dalgunha forma atacar ó seu eterno rival Arcadi Espada nas frases posteriores, nas que alude á mentira na literatura, e isto recorda ó problema que tivo Cercas con Espada cando o primeiro publicou o seu libro Soldados de Salamina.
 
Ben, como dicía, Cercas acusa de mentireiros a aqueles que buscan saber a verdade, polo que si eu, ante algo que é mentira ou que ó meu ver o é, (pois como dicía antes non sabemos o verdadeiro significado do PS) quere dicir que o fago para esconder as miñas mentiras?; na miña opinión Cercas está totalmente errado, buscar a verdade é algo que todos debemos facer, pois do contrario, ó enganar ós demais estámonos enganando a nós mesmos, ó mellor non se me entende ben o que quero dicir ou vos parece esaxerado pero non encontro forma de explicalo mellor.
 
Con esta opinión só me estou referindo ás mentiras deliberadas,como dí na frase que emprega Rico, refírome a que en ocasións unha persoa pode mentir pero sen darse conta de que o fai porque pode estar errado e pensar que está dicindo algo verdadeiro.
 
Agora que xa dixen a miña opinión, gustaríame engadir a opinión dunha persoa que falou comigo pois parecíalle moi mal que Cercas utilizase unha frase de Hitler, pero non polo que a frase dicía senón polo mero feito de ser el, de forma que se despois da frase non aparecese o seu nome e non indagaramos sobre o autor da mesma, non habería ningún inconvinte en que se utilizase. Eu penso que non nos debería parecer mal, independentemente do que esa persoa fixese, non quere dicir que non debamos nombralo ou que nos pareza `insultante´que alguén o faga.
 
Por último dicir que é a primeira entrada que fago e que seguramente teño moitos fallos así que espero que mos digades, que comentedes moito e que rebatades a miña opinión.
 
 
 
 
                                                                                                                                                                               Lidia Sánchez Guerra 

10 comentarios:

  1. Comezo a comentala túa entrada, Lidia, decindo que non penso que Cercas diga que se alguén busca a verdade é esa persoa a que minte. Eu penso que o que Cercas quere dicir é que quen critica a mentira é quen minte, quen se defende a si mismo decindo ser alguén que so di a verdade. Esto que digo vese por exemplo no refrán "Excusato non petita, acusatio manifiesta" (Excusas non pedidas, acusación manifiesta). Respecto ao do autor da frase, non me parece que deba ser motivo de queixa nin afectar a ninguén negativamente.
    Paravéns pola entrada, é moi boa.
    (PARANOIA)

    ResponderEliminar
  2. Ben, eu non digo que a súa intención non fora a que ti dis pero eu ó ler o artigo digamos que non me transmite iso porque dí :`hay que desconfiar de los cruzados contra el embuste, pues el énfasis en la verdad delata casi siempre al mentiroso´, polo tanto eu ó lelo o que entendo é que aquela persoa que insiste en saber a verdade está escondendo as súas mentiras.Quero dicir que, por exemplo se eu nesta entrada escribise algo que é mentira ti terías todo o dereito a `esixirme´ que che contase a verdade e non estarías escondendo as túas mentiras.
    De todas formas entendo o que me queres decir aínda que non estea dacordo porque non é o que me reflexa o texto.
    Por certo, grazas polo comentario.

    ResponderEliminar
  3. Precisamente é nesa frase na que mellor vexo o que digo, "hay que desconfiar de los cruzados contra el embuste, pues el énfasis en la verdad delata casi siempre al mentiroso", asi, quen critica a mentira e esixe a verdade sobre todo, é o que minte. Non digo que sexa necesario así, ainda que é posible pero non no 100% dos casos (habería que velo contexto), senon que é o que eu interpreto do que di Cercas.
    (PARANOIA)

    ResponderEliminar
  4. Eu estou de acordo con Paranoia, para min a frase o que quere decir e que o que critica a mentira e quen minte; máis que nada por estala tratando, e quen trata unha mentira e como a persoa que q difundiu.
    Parabéns pola entrada.
    Un cordial saudo.

    ResponderEliminar
  5. Ben non vos digo que non, pode que teñades razón pero a verdade e que sigo sin velo coma vós, seguireino mirando haber que conclusión saco.

    ResponderEliminar
  6. Coido que poñer a Hitler a defender a verdade ten particular valor aquí. Sería como defender a sanidade pública citando unha frase do Dr. Mengele, ou poñerse a prol das liberdades públicas traendo unha cita de Stalin.

    ResponderEliminar
  7. O profe ten razón de que nos vale usar unha frase como por exemplo a de Hitler? neste caso Hitler non cumpliu con esa frase, polo cual, penso que nombrando esa frase e a súa vez o seu autor, estamos colaborando nunha mentira.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  8. Que o autor da frase fora Hitler é perfecto para explicar o que Alex e eu decimos. É un clarísimo exemplo.
    (PARANOIA)

    ResponderEliminar
  9. Eu son das que penso tamén que o que Cercas quere dicir é que quen critica a mentira é quen minte, quen se defende a si mesmo dicindo ser alguén que so di a verdade. Pero tamén penso que non todo o mundo o fai e que non se pode xeneralizar e pensar que todo o mundo que critica é quen minte.
    Para a vosa curiosidade o principal protagonista do famoso post scritum manifestou o seguinte:
    “Amén de darle al conjunto una nota de color, el post scríptum quiere decir varias de las cosas que literalmente dice, y sobre todo otra no literal, pero obvia: que "Je est un autre" (Rimbaud), la escritura no es la autobiografía y "la verdad es la verdad dígala Agamenón o su porquero" (A. Machado). El P. S. me ha producido la triste satisfacción de comprobar lo que yo diagnosticaba: que la ley es una escuela de malsines. Porque casi todos los que se pronuncian contra mi artículo lo hacen buscando hurgar en mi vida y costumbres, espiando a mis amigos y buscando antecedentes incriminatorios. En mis argumentos apenas se entra. En otro lugar he dado una prueba del escaso rigor científico que a menudo gobierna la campaña antitabaco. Pero nadie roza siquiera mis dos puntos principales: la estolidez ("Falta total de razón y discurso", DRAE) del legislador y la vileza que suponen algunos puntos de la ley, notablemente el veto de fumar a los enfermos hospitalizados y, en especial, terminales".

    ResponderEliminar
  10. Vendo ahora o comentario de Fran; expecialmente onde pon as frases ed Rimbaud e A. Machado, doume conta de que aquel significado que tiña eu da frase; un significado positivo ou afirmativo no que el decía que un solo nunca o fumara senón que foron ou ningún ou varios,queda descatalogado, xa que o que Rico nos quere decir con esas citas e que o escrito non se ten que corresponder coa verdade.
    Un saudo.

    ResponderEliminar