"Muerte a las puertas del paraíso", por Javier Bauluz
2 de Setembro do 2000
“Levanto la vista y veo una pareja sentada bajo su sombrilla con el cadáver a pocos metros. No se mueven de su sitio a pesar de los periodistas, sus cámaras y el muerto. Todavía jadeando disparo tres veces. La 32, 33 y 34ª del mismo rollo del superviviente que rezaba. Una de estas fotos es la de la pareja, la sombrilla y el cuerpo del inmigrante al fondo (…) Me parece una falta de respeto y me indigna.”
Esta fotografía publicouse no New York Times obtendo gran repercusión. Segundo o fotógrafo Bauluz a foto foi empregada para denunciar a “hipocrisía de occidente” ante a inmigración. Pola contra, Espada mantén que a imaxe foi tomada dende un ángulo no que quedaba excluído o persoal encargado de atender ó cadáver, empregando una óptica que reduce a profundidade de campo; é dicir, aparenta un acercamento “ficticio” entre a parella e o cadáver. O Consell de Informació de Catalunya adoptou unha resolución estimando as opinións de Espada como “falsas, inxustas e sen razón”.
“Ni Bauluz ni sus editores han comprendido todavía la naturaleza de la manipulación a que se sometieron a la pareja. Si se abre el ángulo y lo que se muestra es contradictorio con el original seleccionado, entonces la foto es falsa.”-Arcadi Espada.
Segundo Espada, mentres a creatividade é aceptable con fines artísticos, non o é con fines informativos.
Aquí tendes información ampliada sobre o caso Bauluz http://aespada.blogspot.com/
David Penas e Xiana Méndez

Eu rstou de acirdo con Arcadi, se ao abrir o campo o que se ve é contradictorio coa foto orixinal, logo a foto é falsa. Pero se a foto foi relalizada con fins artísticos, que non periodísticos, non vexo o problema de publicala foto. Ademais, segundo entendín do texto lido por David, na praia catro persoas comentaban o acontecido nun corro, mais o resto presentaba certa indiferencia mentres descansaban sobre as toallas, nadaban e os nekos xogaban disfrutando todos dun fermoso día. Eu non coñezo a credibilidade de esto mais volvo ao de antes, se a foto se fixo cunha intención artística, non hai problema.
ResponderEliminar(PARANOIA)
Paranoia a foto non está sacada con fins artísticos no momento en que fas un artigo nun periódico e como máxima proba presentas esa foto.
ResponderEliminarCreo que Bauluz equivócase ao tildar de indiferencia a reacción destes bañistas, xa sen entrar no ángulo da foto que eu d debuxo e de imaxe non sei nada, porque haxa un cadaver non teño q estar ó redor del nin teño porque tocalo nin nada polo estilo, simplemente disfrutaría do meu día de praia alonxado o máximo posible da escea para non interferir no traballo dos forenses policías etc.
Comparto opinión con Vidal pero tamén quero matizar algo sobre a posible intención do fotografo. O fotografo querenos mostar con esta foto a indiferencia que se lle presenta a un inmigrante morto nunha praia, porque en realidade mostrábaselle indeferencia, xa que había máis bañistas que non lle prestaban atención. Con esto o fotografo o que fixo foi sacar unha foto na que so salisen dous bañistas e o cadaver, sen que saisen polo medio operarios da policia ou da sanidade; xa que si sairan a foto non teria sentido. Para min o fotografi o que fixo foi aplicar unha foto artística a un articulo periodistico. Tamén decir que non nos estrañe este tipo de cousas, xa que estamos cansado de ver cousas así nas noticias e na publicidade.
ResponderEliminarUn saudo.
Estou con Alex, Bauluz o fixo foi representar nunha foto o que podías ver ao longo de praia. Non sei se é considerable artística ou periodística pero penso que representa a realidade a través dunha escena ficticia.
ResponderEliminar(PARANOIA)
Como que non sabes se e considerable artística ou periodística se antes dixexes que era artística. Que quere reflexar Bauluz? Que a xente disfruta dun día de praia? Se o morto non fora inmigrante sucedería a polémica? Eu non vexo lexítimo o uso desta foto neste artigo
ResponderEliminarParéceme que non me expresei ben, Alex di que é unha foto artística que acompaña a un texto peripdístico, pero segun ti, Vidal, precisamente por acompañar a este tipo de texto obrigatoriamente é unha imaxe periodística. Se é dun ou doutro modo teno que decir Bauluz. O que representa a foto non so é xente disfrutando, senon xente indiferente ante unha morte, que se fose a dun home branco sería o mesmo. Non digo que a xente se teña que meter no medio estorbando aos medios mais si que poderían mostrar certa preocupación.
ResponderEliminar(PARANOIA)
Eu non estou de acordo con Espada para a min non é unha foto falsa pois independentemente do encadre que teña o que está claro é que na foto hai un morto e unha parella baixo a sombrilla tamén. Vese que eles non están a gozar pero o certo é que están aí para min representan a postura insolidaria da nosa durmida sociedade.
ResponderEliminarPreocupación por quen? Por alguén que non coñecen?
ResponderEliminarO mellor xa preguntaron que pasara e seguen na praia creo que aínda que poda existir indiferencia ante o drama da inmigración non me parece que Bauluz escollera a mellor maneira de vernolo facer.
Preocupación por un descoñecido, si. Se ti vas pola rúa e atopas un morto, sexa ou non extranxeiro, non te preocupas? Non collelo teléfono e chamas a todo o mundo? Se non te preocupas ante a morte penso que eres un pouco insensible e logo es ti quen debera estar na foto. Non o digo para ofender, é a miña opinión. E se esto último que dixen é certo dimo porque nese caso non hai mais que discutir. E tes razón, ó mellor non foi a mellor maneira de facernolo ver mais foi a que se lle presentou.
ResponderEliminar(PARANOIA)
A todo o mundo? Que pasa un morto é unha atracción? Se o vira e estivera só chamaría a policía, a unha ambulancia por se acaso e cumpriría o meu deber como cidadán pero non tería que facer un espéctaculo dese feito que é o que debe esperar Bauluz
ResponderEliminarEu estou a favor da opinión de Vidal, eu o que faria e chamar por telefono os servizos medicos e que eles fagan o seu traballo, non entrometerme eu no seu traballo.
ResponderEliminarVale, quédame claro que non sei expresar con palabras o que penso. Claro que a quen tes que chamar é á policía e aos servizos de sanidade, non vas chamar ao colega de clase para que vaia velo nin vas poñer un evento no tuenti. Pero facer iso, chamar aos servizos é preocuparte, é ser persoa e cidadán, non se comportaban así as persoas da praia. Sinto se a miña forma de expresarme, que é moi mala, feríu ou alterou a alguén, de feito creo que sen decatarnos, estamos de acordo en moito do que decimos. Como xa dixen, non foi a mellor forma de que vexamos a realidade, pero é a que se lle presentou a Bauluz.
ResponderEliminar(PARANOIA)
Creo que nos estamos a desviar bastante do tema que nos ocupa, pois a polemica non trata sobre que facer cando te encontras un morto na rúa, se non hasta que punto podese permitir a mentira no periodismo.
ResponderEliminarEsta claro que a foto esta amañada, e que non se deberia publicar nunca nun periodico, pois non é lugar para a mentira, e como ir a comer ao baño, non é o sitio.
Aínda que si é certo que nos desviamos do tema quería facer un pequeno inciso, estou dacordo co que dí Vidal en parte pois dende logo non sería lóxico que unha morte se convertira, como di el, nunha atracción aínda que por outra banda tampouco entendo como, ó ver un cadáver préto deles teñen o valor de seguir aí, pero sin embargo quedeime cun anaco do texto que leu David na clase onde o periodista dicía que o xuíz `evadía´ o caso por unhas horas pois como o home era de cor, non lle preocupaba demasiado, así que poida que leve razón e que deberamos ser un pouco máis considerados neste tema.
ResponderEliminarCon respecto á foto estou dacordo en que non se debería engadir nunha noticia porque, aínda que mostre a realidade, dalgún xeito manipúlaa e ademais se é unha foto artística, penso que non debería mostrarse nunha noticia periodística.
Posiblemente nos estemos a desviar do tema, eu non o vexo así pero opinións de cada un, Paranoia vólvome dirixir a ti para decirxe que posiblemente teñas ese problema que dis porque xa creo que cmbiaxes de opinión unhas 5 ou 6 veces non quero faltar a ninguén só e n comentario. Lidia ti xa estabas manexando outra información que eu non teño pero eso xa non é indiferencia se non racismo cousa que non é dunha sociedade se non propia de cada un. Gran símil Dani.
ResponderEliminarConsidero completamente inapropiado o uso desta foto nun artígo periodistico sen expecificar a súa natureza subliminal, pareceme unha manipulación da información que move a tanta xente neste mundo como e a orixinaria da prensa. Facendo un breve "flashback", recordamos o polémico PS de Rico e ahi un argumento poderosísimo era o " a frase e irónica " e se alguén que argumenta iso a ver como lle quitas ti a súa maneira de pensar, non obstante considero tarea "un pouco"...xD máis difícil captar a ironía nunha foto como esta. Non obstante e para deixarbos claro que a miña postura neste tema e de neutralidad, quero facer un breve inciso en favor da foto que ata o de agora critiquei, se ben e certo que pode ser rebuscada, intencionada, ata sensacionalista para algunha persoas, neste mundo no que vivimos, no que comemos co telediario e a sopa entra igual cun mundial de formula 1 que con 5.000 mortos mais en Irak por outro atentado, neste universo humano da indiferencia, e aqui vai a miña pregunta ¿ non e posible que esta sexa a única maneira de facernos reaccionar? Saludos e felicidades os autores, Vidal e Paranoia pola discusión e demais usuarios.
ResponderEliminarPor suposto que si, que esta foto sensibilizou a moita xente, pero enganou ainda a máis. No periodismo non se debe "maquillar" nada, se non que llo pregunten a Julian Reyes (destituido do seu posto de director de deportes de TVE por "maquillar" a pitada o himno de españa na final da copa do rei fai dous anos), se o que queria Bauluz era sensibilizar a xente creo que cobrando diñeiro por publicalo no New York Times non era a mellor maneira de facelo.
ResponderEliminarVidal, quero deixar claro algo, eu estou a favor da foto e non, non cambiei de opinión en ningún momento. O que penso é que a foto mostra, de forma ficticia (non irónica) a realidade da reacción das persoas da praia ante a presenza do morto. Cal foi esa reacción? Ningunha. Ainda que a imaxe fora falsa, representa a realidade, polo que paréceme perfecta a súa aparición no periódico.
ResponderEliminarNon sei si vos acordades da imaxe da nena morrendo de fame e o buitre esperando ao lado a que ella morra. Como persoa o que debera facelo fotógrafo é coller á nena e axudala ou polo menos espantalo animal. Pero os cartos son mais fortes na mente dalgunhas persoas que so pensan nunha exclusiva, nunha boa portada. Sei que non é comparable a pouca sensibilidade da xente da praia coa do fotógrafo mencionado, xa que o home da praia xa non tiña solución, mais segue a ser unha indiferencia que non pode deixar de importar.
Respecto do da verdade no periódico, como xa dixen en anteriores comentarios, creo que so se pode mentir se se trata dun artigo de opinión. Aplicado á foto falsa, nun texto periodístico non se pode mentir, pero xa dixen que a foto "falsa" mostra a realidade do acontecido na praia.
(PARANOIA)
Retornando ó blog decir varias cousas, A primeira é que estou deacordo co último comentario de PARANOIA; o que nos quere decir a foto é a reacción que a xente mostraba hacía o cadaver, e logo a foto non mostra esa reacción simplificada a un pequeno grupo de persoas?, porque volvo a decir que si o angulo de captura fose outro na foto aparecerían os operarios da policia e sanidade, co cal non se expresaría ese grao de indiferencia. E certamente na praia había máis xente que non lle prestaba atención, caso... chamemoslle como queiramos, ó cadaver.
ResponderEliminarSimplificando todo un pouco; a fotografía inda que este manipulada está a decir a verdad; non está mentindo.
Por outro lado decirlle a Paranoia que inda que sexa nun artigo de opinión mentir nunca se debe mentir, e creo que o que queres decir e que te podes enganar, pero enganandonos non estamos a mentir, senón que estamos errando, que non e o mesmo que mentir. Mentir e errar de maneira intencionada.
Un saudo.
Por fin se me entendeu, gracias Alex. Pero si que digo que nun artigo de opinión pódese, quizais non mentir, pero usala ironía, si.
ResponderEliminar(PARANOIA)
Paranoia aí estamos de acordo a ironía pódese usar nun artigo de opinión sempre e cando o resto da humanidade se entere desa ironía se non pode ocorrer outro caso Vigalondo, e ninguén quere eso.
ResponderEliminarCreo que neste artigo Bauluz non fai uso da ironía precisamente, preséntanos unha foto cmo unha situación real non ahi ironía se non unha alteración da realidade, cousa que non se pode facer
Eu creo que o que fixo o fotógrafo foi representar a situación de despreocupación da xente hacia o cadáver, pode que sea manipulada pero para él debería de ser a mellor forma de comunicar ese sentimento.
ResponderEliminarA fotografía non está “manipulada”…empregou una amplitude de campo determinada para que tanto o cadáver como a parella quedara enfocada, mais é puramente un acercamento óptico; é dicir, a fotografía non está nin moito menos truncada ou distorsionando a realidade. Nese sentido, ó meu modo de velo, é perfectamente lícito. Ético ou non é outra cousa…estase a poñer “cara” exemplificando ó asunto coa parella…
ResponderEliminarEstou deacordo con Juampaa.
ResponderEliminarPois eu penso que si manipula a realidade, pero de forma indirecta, explícome: cando el saca a foto non manipula a realidade unicamente utiliza un efecto pero ó publicar a fotografía a xente que a ve non pode saber se a escena é tal e como se presenta ou se en realidade o que fai e utilizar a amplitude de campo, polo tanto, a xente vai pensar que na foto se representa a situación tal e como se ve, a parella cerca do cadáver, así que desta forma a realidade xa está manipulada aínda que non sexa de forma directa ou intencionadamente.
ResponderEliminarNa miña opinión a postura de Arcadi Espada non é correcta, pois estamos a falar dunha foto que, nin moito menos, tenta falar da realidade, senón que utiliza os elementos presentes na realidade (a praia, o inmigrante africano morto, a parella de bañistas)dun xeito metafórico. Así, os valores que estes elementos terían na realidade pasan a ter outros: a indiferenza do mundo occidental (os bañistas) ante a inmigración (o cadáver). Esta "transformación" dos valores de elementos do mundo real a valores simbólicos é propia da arte, e poucas voltas temos que darlle á hora de interpretala: limitarémonos á valoración como obra artística, da que non podemos dicir nin verdade nin mentira.
ResponderEliminarA isto gustaríame engadir que é lícita a introdución deste tipo de fotos nun periódico, por exemplo nun artigo de opinión sobre a actitude de Europa ante a situación de África. E digo que é lícita porque Bauluz atribúe un sentido abstracto (propio da arte) á fotografía: a indiferenza. De atribuírlle un sentido relacionado coa verdade dos feitos, que se podería resumir na frase "a parella de bañistas móstrase indiferente ante o cadáver dun inmigrante africano", sí que se podería falar de verdade ou mentira factuais, e sería censurable a súa intromisión nun periódico. En resumo, os valores que atribúe á parella de bañistas son valores abstractos e simbólicos, que non teñen que ver coa realidade, polo que é lícita a súa inclusión no periódico (cinguíndonos por suposto á lectura que expuxen anteriormente). Se o autor atribuíra valores relacionados coa verdade factual, sí que sería censurable a súa presencia nun periódico, pois a parella de bañistas podería non decatarse da presencia do corpo. Se non entendedes algo do que expuxen, preguntade.
ResponderEliminarEstou totalmente de acordo co Juampa e tamen estou de acordo con Pablo Valledor menos no último que dis: "a parella de bañistas podería non decatarse da presencia do corpo". Vale, é posible, mais moi difícil que se de esta situación xa que debido á presencia da ambulancia, da policía e dos medios de comunicación, xenérase certa curiosidade e acábaste enterando do que acontece. Pero douche a razón en todo o anterior.
ResponderEliminar(PARANOIA)
Eu continúo a pensar que é lícita a intromisión desta fotografía en medios informativos, debido a que o autor realiza unha abstracción á hora de dar valores simbólicos a elementos da realidade. Como estamos a tratar con proposicións universais (a "hipocrisía" é unha xeralización, unha abstracción), é dicir, abstractas, moi características na arte, insisto, non podemos dicir nin verdade nin mentira, é censurable a crítica de Espada: non hai nada que dicir acerca da veracidade da obra.
ResponderEliminarEstou en desacordo con Lidia, xa que eu vexo que a verdade estaría manipulada se no artigo dixese: -toda a praia estaba ó seu, e ninguen prestaba atención o cadaver. Ahí si estaría manipulando a imaxe xa que en realidade había xente que atendía ó cadaver e Bauluz utilizaría a escena que mais lle conviña fotografiar (os bañistas e o cadaver)xa que casualmente son os que non prestan atención. O mesmo tempo que engadir; e estou deacordo con Pablo Valledor en que a postura de Arcadi non e correcta, xa que Bauluz o que fixo foi tomar a parella de exemplo como mostra de indiferencia ó cadaver.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarPois eu sigo pensando que si a manipula, pero repito que de maneira indirecta, está simulando cun efecto da cámara unha escena que non corresponde coa real porque na foto parece que o cadáver esta préto cando en realidade non o está. Ademais penso que non debería utilizala na noticia dun xornal o cal non quere dicir que estea en contra de que a utilice, pero noutro ámbito.
ResponderEliminarEu creo que si que se pode utilizar nun xornal, sempre e cando se lle outorgue á foto un valor abstracto, alonxándonos da verdade factual, como fai Bauluz. Se se deixa claro que a foto é unha obra que fala de xeralizacións, nas que os símbolos ben poderían ser representados, por poñer un exemplo, por xente nunha terraza calquera sen prestar a mínima atención as barcas que chegan con inmigrantes africanos (a foto mesmamente podería xogar co ángulo, tanto ten, non nos referimos a casos reais, senón a abstraccións). Repito que a foto pode ser utilizada nun xornal sempre e cando atribuamos aos elementos da foto valores abstractos, prescindindo do factual.
ResponderEliminarEsta claro que Bauluz non manipulou nada, simplemente buscou o punto de vista esacto para provocar a confusión e asi xerar unha polemica.
ResponderEliminarEstou deacordo con Pablo Valledor e tamén con Ruben Freire pero con este último nonde todo xa que non creo que Bauluz quixese provocar confusión ou polémica algunha, máis ben quixonos mostrar a indiferencia que se lle mostraba os inmigrantes.
ResponderEliminarP.D. Estaría ben poñer o blog en hora, non e que importe moito ese aspecto pero por estética e mellor. Grazas.
Un saudo.
Eu digo o mesmo que Alex: Pablo ten razón e Ruben tamen pero en parte, coma di Alex, non creo que Bauluz buscase polémica alguha, estanos a mostrar a súa impresión do que aconteceu na praia. É coma o exemplo de Pablo das persoas da terraza indiferente ante os extranxeiros da barca...
ResponderEliminarEn difinitiva, estou de acordo con Alex e con Pablo Valledor.
(PARANOIA)
Vamos a ver, eu cando leo un xornal non quero que me digan: "Hai que facer algo cos inmigrantes ilegais, que se morren nunha praia e nadie lle fai caso". Isto non significa que non me importe un pepino os inmigrantes nin que sexa un racista, pero se collo o xornal quero que me digan: "Morreu un inmigrante ilegal nunha praia." se o que quere e sensibilizar a xente pareceme moi ben, pero que non o publique nun xornal.
ResponderEliminarEl no che está a dicir que ti teñas que facer nada, nin que non che impoten os imigrantes ou sexas un racista, o que fai e contarche o que aconteceu. El dache a noticia, diche: atopouse un imigrante ilegal morto nunha praia mentres a xente pasábao ben. E ademais acompáñao dunha foto da escena. Que mais queres, Daniel?
ResponderEliminar(PARANOIA)
Hola boas e sinto por estar retirado un tempo pero nun puden co traballo do Renacimiento asi volvo ó blog
ResponderEliminar100% contigo paranoia pero aínda así e buscando rebatirche non cres que un titular pouco menos que despectivo pode encabezar unha noticia así ergo queda moi claro a intención de transmitir UNHA SENSECIÓN DE MALESTAR ós lectores. ó final sempre é o mesmo para transmitir a mensaxe terxiversamos a realidade completamente. En realidad non che di directamente que es racista pero si che fai sentir que as persoas non lle importan os inmigrantes.
Que opinades vos?
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarAlex e Paranoia quizas non enfoquei ben o que queria decir. O que me referia con polemica era que por causa de esta foto ser dubidosa estamos a falar dela e desta forma estamos a ver o desprezo k se fai neste mundo os inmigrantes. (perdon por borrar as outras entradas pero non sei porque creoume duas)
ResponderEliminarNese caso Ruben, estou de acirdo contigo, mais a palabra que creo é a mais acertada é que Bauluz busca "reflexión" no lector. É o que querías decir? Nese caso Ergo, estou de acordo contigo tamén, pero so en parte. Explícome. O que penso que Bauluz non é sensación de malestar como ti a chamas senon, como xa dixen e coincido con Ruben, que é unha búsqueda de reflexión. Adrmais, non penso que terxiverse a realidade, o que fai é "arranxala" visión dos feitos para que o lector vexa a realidade de toda a praia resumida nunha imaxe.
ResponderEliminar(PARANOIA)
Estas a falar dunha reflexión cando a reflexión é o proceso de meditar do ser humano, de verdad estamos tan cegos que nos teñen que abrir os ollos cunha foto trexiversada??? na mina opinión non é así. Eu estou con Arcadi, nunca se debe mentir para primar unha verdad moral.
ResponderEliminarCon respecto ó termino "arranxala" segundo o que dixo anxo a realidade non era así ergo porque dis que resume a realidade?
Contestando á tua primeir pregunta, Ergo: si, hai xentre que precisa que se lle abran os ollos. Con respecto á segunda pregunta: si era así a realidade, á xente non lle importaba a presenza do morto para disfrutar do día de sol na praia. Bauluz resume isto mostrando na imaxe unha soa parella indiferente entre a xente que alí había.
ResponderEliminarA ver, a polémica é, para min, unha estupidez: en vez de admitirmos a realidade que quere expresar a foto (a indiferenza de Occidente ante os problemas do terceiro mundo), preocupámonos de se a foto está tomada ou non nun plano trucado. Así nos vai.
ResponderEliminarPaula creo que te equivocaxes de foro
ResponderEliminaraquí estamos para falar sobre a polémica non sobre a indiferencia e solucións dos problemas do terceiro mundo. Existe como xa teño dito pero insisto Bauluz equivócase ao plantexar esta foto como mostra, se é arte o seu sitio non é o periódico, se é información é falsa e pouco relevante xa que os bañistas non poden facer nada. Eu creo que todos sabemos dos dramas e dos problemas do 3º Mundo, de feito creo que estamos sobresaturados de información e que por eso somos tan indiferentes e insensibles, pero como dixen agora estamos a tratar outro tema e non creo que nos vaia tan mal Paula, eu non me sinto peor persoa por estar comentando a polémica en vez do drama dunha sociedade que sofre pola nosa culpa.
Vidal, non me equivoquei de foro. Simplemente creo que o importante desta fotografía é o que representa, non como foi tomada. Como di Valledor, "é unha obra que fala de xeneralizacións". É para que pensemos un pouco neso, soamente. Tampouco Espada tiña que criticala desa maneira nin sacalo a tema no outro lado.
ResponderEliminarO problema é que, como Arcadi Espada, nos estamos a radicalizar: buscamos á verdade con tal fervor en todos os ámbitos que estamos a comezar a coutar a actividade artística, e a súa inclusión noutros campos. Por que unha obra de arte non pode estar presente nun medio informativo? Que máis dá o ángulo da foto? É que nos está a mentir Bauluz? Na miña opinión, non, como xa levo dito tantas veces. Bauluz xoga cun simbolismo que non nos quere falar da realidade da escea, con proposicións UNIVERSAIS, das que non se pode dicir nin verdade nin mentira. Non está a propoñer: esta parella presenta unha actitude fronte ao cadáver. Di que a parella de bañistas simboliza a indiferenza de occidente, fronte a África que é representada polo cadáver. É que a indiferenza nos di algo da realidade? Ou é un concepto abstracto? O que nos di algo da realidade é o "estado de indiferenza", do que non nos fala, para nada o autor. Estou de acordo con Paula.
ResponderEliminarEn resposta a Valledor que di que Bauluz non fala dos bañistas nin de indiferenza:
ResponderEliminar“Levanto la vista y veo una pareja sentada bajo su sombrilla con el cadáver a pocos metros. No se mueven de su sitio a pesar de los periodistas, sus cámaras y el muerto."
"Una de estas fotos es la de la pareja, la sombrilla y el cuerpo del inmigrante al fondo (…) Me parece una falta de respeto y me indigna.”
Sácao a tema para que vexamos as controversias que poden causar as verdades morais e as factuais no mundo do periodismo. Estou de acordo en que se poden usar pero sempre e cando o lector non se vexa enganado. Alguén pensou na pobre parella que estaba disfrutando do seu día de praia? O mellor tiveron que aguantar insultos como racistas, que pasa na túa casa non che enseñaron valores? ou cousas polo estilo non o sabemos porque por moito que para Bauluz representen valores UNIVERSAIS como di Valledor non deixan de ser persoas reais que o mellor por culpa desa foto viron as súas vidas afectadas.
Agradezo que me proporcionases ese dato, xa que o descoñecía. Mais iso, na miña opinión, non muda as cousas. O fotógrafo pode denunciar a indiferencia de Occidente fronte a África como o desexe. Indignouse ao observar a visión dunha praia en normalidade na que hai un cadáver. Para realizar a súa foto-denuncia, valeuse de metáforas, xeralizacións nas que a parella é Occidente e o corpo, África. Non estamos a falar de proposicións singulares, factuais. A partires dunha proposición singular realiza unha abstracción. Para os que seguen a debatir sobre o estado dos bañistas fronte ao cadáver (estariamos a falar dunha proposición singular na que non creo), indiferenza é o "estado de ánimo no que non se sinte inclinación nin repugnancia cara a unha persoa, obxecto ou negocio determinado." É que a parella fita ao cadáver sentindo compaizón ou repulsión? Ao mellor nin se decatan da presencia do corpo. Por último, gustaríame formular unha cuesión: é que o que vemos nas fotos se corresponde coa realidade?
ResponderEliminarEstou de acordo con Vidal e en contra de Paula penso exacatemnte o mismo ca el xa que non estamos para falar dos problemas tercer mundistas senon para ver a foto dun modo filosofico
ResponderEliminarPois eu doulle a razón a Pablo Valledor, o importante non é como foi tomada a foto senon que nos mostre a realidade, e esta faino. E non vexo o problema de que o arte saia na prensa. Estou de acordo tamén en que Bauluz viu a parella e indignouse, por iso fixo a foto. Ademais todos decimos que en realidade a parella non se atopaba a tan pouca distancia do morto, mais eu ainda non atopei a foto "real" que mo demostre. Se alguén a atopa ou xa a ten agradeceríalle que ma pasase.
ResponderEliminarNa prensa non se deberian utilizar efectos opticos para mostrar unha realidade, porque de este xeito estas mostrando unha realidade distinta, polo que a persoa que a esta a observar non poderia opinar do que pasou nesa praia, se non o que lle mostra a foto, que non é o mesmo, etea trucada a foto ou non..
ResponderEliminarEu centrándome no principal, sobre si Arcadi fixo ben crticando a Bauluz con este artigo; e en especial pola foto que se mostra nel, penso que non debería facelo.
ResponderEliminarNun primer lugar Arcadi crticao porque a fotografía mostra un cadaver e unha parella de bañistas os cales mostran indiferenza ó cadaver. En realidade os bañistas non estaba sos, senón que había mñais, e ademáis estaban os servizos de emerxencias, pero todos estos non aparecen na fotografía, e ese e o motivo polo que Arcadi critica a Bauluz; porque debería sacar a todos na fotografía e non so a parella esa.
Por outro lado Bauluz quérenos facer chegar a nos o indiferencia hacia a inmigración, por eso quita a fotografía como mellor lle viña, sacandolle a foto a esa parella de bañistas e tamén o cadaver, sen que salise outra xente polo medio. Ben esto pode ser o que máis polémica cause xa que pensaredes; eso e ser manipulador. Eu digo non, porque despois a fotografía vaina utilizar de maneira metafórica ou simbólica, co cal para min non transxiversa a verdade, si o faria si no artigo dixese que so estaba a parella de bañistas e o cadaver, cando en realidade estaba máis xente na praia.
Con esto quero decir que Bauluz utiliza a fotografía como unha metáfora ou símbolo, e se non vedes correcto utilizar este simbolismo ou facer o que Bauluz fixo nun periodico, tampouco deberiades estar a favor de cada unha das metáforas que Arcadi, Cercas, Rico, etc, escriben nun periódico.
Penso que Arcadi fixo mal criticando a Bauluz, porque el o unico que queria era sacar esa fotografia, dende uns angulos porque simplemente lle gusta a fotografia, e non entrar en debates con Arcadi ou con calquera outro
ResponderEliminarEn gran parte, estou de acordo con Alex xa que a foto "falseada" acompaña un texto que explica o que pasou e como é a realidade. Ademais, a fotografía, como xa dixen en anteriores ocasións, busca reflexión no lector. Quizais non sexa o mellor método pero, como di Bruno, "el o único que quería era sacar esa fotografía, dende uns angulos porque simplemente lle gusta a fotografía".
ResponderEliminarEstou deacordo contigo nesta última intervanción paranoia, excepto na parte que dis: "En gran parte, estou de acordo con Alex xa que a foto "falseada" acompaña un texto que explica o que pasou e como é a realidade. Ademais, a fotografía, como xa dixen en anteriores ocasións, busca reflexión no lector. Quizais non sexa o mellor método pero, como di Bruno, "el o único que quería era sacar esa fotografía, dende uns angulos porque simplemente lle gusta a fotografía". " no resto estou completamente deacordo contigo.
ResponderEliminarAdemais disto teño que dicir que Na PRENSA NON SE PODE MENTIR. Este señor gustalle a fotografía, noraboa, pois conseguiu vivir de algo que lle gusta, pero non por eso ten dereito a poñer nun xornal unha foto ( moi ben feita, cun ángulo estupendo e reflexando a insensibilidade dos primermundistas ante a morte dun tercermundista) trucada e enganar a toda a xente que a viu.
Dani creo que resumiches algo do que ía dicir eu. Polo resto sigo opinando o mesmo a ironía, é aceptable sempre e cando se entenda, a mentira non pode caber nunca no periódico, todos os artigos, argumentos e imaxes que sexan válidos para apoiar unha idea deben ser reais. Non ten comparación coa broma de Rico, xa que non ten relevancia para os seus argumentos, pero neste caso si Bauluz apóiase na foto FALSA para desenrolar un tema cousa que para min non debería estar aceptada, por moita indiferenza que haxa a foto é mal empregada
ResponderEliminarComo se vai alicerzar todo un periódico no "real"? É real a indiferenza, a hipocrisía, a bondade? Todos eses matices que achega o periodista son subxectivos. A un outro ben lle podera suxerir maldade unha situación "x", mentres que a outro lle suxire bondade. Non está Bauluz, a aportar a súa visión dunha situación mediante unha abstracción na fotografía? Non se aplica ese método do mesmo xeito nun artigo de opinión? O de Bauluz é completamente lícito; o único problema é a nosa subxectividade, non todos vemos as cousas da mesma maneira, como se demostrou ata o de agora, polo que, como xa dixen antes a obxectividade é imposible.
ResponderEliminarEstou totalmente de acordo con Pablo Valledor, e Daniel, estou de acordo contigo xa que nun periódico non se pode mentir, pero estou máis de acordo con Vidal, pode haber ironía si esta se entende. Ademais, non creo que Bauluz minta, ainda que revisarei o artigo para estar seguro.
ResponderEliminarCando dixen que lle gustaba a fotografía, non me refería ao traballo de fotógrafo (aínda que supoño que tamen). Referíame á imaxe que tiña en frente súa e que, gracias ao seu traballo, podía imprimir. Creo que si que pode poñer a foto no periódico porque, aínda que é certo que soa pode enganar á xente respecto da situación, vai acompañando un texto que o aclara todo. Eu cando leo o periódico, leo o periódico, non xogo a mirar so as imaxes e deducir as noticias a través delas.
Estou de acordo con Pablo Valledor e con Paranoia.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarEu penso que Paranoia non leeu os meus extensos comentarios, aparte de ter que esconderse tras un pseudonimo para criticar.
ResponderEliminarValledor di exactamente o que eu penso, pero máis desenvolvido
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarah, e no blog de 1ºC creo recordar que podedes ver unha imaxe na que se ve moi clara esta fotografía dende outra perspectiva (non me parece que o montaxe sexa de tal calibre como para chamarlle a Bauluz "delincuente")
ResponderEliminarDespois de ler todos os comentarios estou dacordo con varios, penso que Bauluz non debeu utilizar esa fotografía no periódico, porque ó meu parecer está modificando a escena real. Por outra banda como dí Pablo Valledor é imposible que unha persoa sexa totalmente obxectiva, pero eu penso que un periodista que vaia escribir unha noticia nun xornal debe intentar deixar as súas emocións ou sensacións a un lado, exceptuando seccións como a de opinión que xa teñen outra finalidade.
ResponderEliminarA pesar disto estou dacordo con que o fotógrafo tome estas fotos coa intención de facernos reflexionar sobre estes temas pero sempre e cando non a publique no xornal.
Por último dicir que me parece mal o comentario que se lle fai a Alex porque penso que xa demostrou en anteriores intervencións ter as súas propias ideas e defendelas fronte as críticas que se lle puidesen facer.
De acordo con Paula decir que Bauluz non é un delicuente e moito menos un periodista que minte.
ResponderEliminarPara empezar non se lle pode chamar delincuente porque non está a cometer delito algún; acusar a alguén de delinquir sen ser así eso si é delito, por outro lado volvo a decir que a imaxe de Bauluz non e para tomar ó pe da letra, máis ben utiliza de apoio para facernos chegar mellor o que el nos quere trasmitir.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarAos seguidores do blog: quero que saibades que hai dúas persoas escribindo baixo o nome de Paranoia e eu non publiquei o comentario acerca das aportacions de Alex ao blog.
ResponderEliminarFora quen fora non lle volverá saír porque a partir de agora cada comentario que publique enviareillo por correo ao profe para que teña constancia do que é e do que non é meu.
Nos comentarios anteriores que borrei pedía disculpas incluso pensaba na posibilidade de cambiar de nome, mais penso que "excusatio non petita, accusatio manifesta" creo que xa o dixen en anteriores ocasións.
Ao autor do comentario falso: se o fixeches a modo de broma espero que o pasaras ben mais non penso que lle dibertira a moita xente, polo menos a min non. E se o fixeches como argumento para o debate que estamos a facer no blog, entón estou de acordo contigo, non se debe publicar un artigo ou un comentario co nome doutra persoa. Mais o que nós estamos a debatir non é iso, senon, se un pode ou non mentir nun periódico.
PD: Paula, ¿poderíasme pasala dirección do blog de 1ºC? eu non a sei e gustaríame ver esa imaxe... gracias.
Asinado: Paranoia
Non estou de acordo con Lidia xa que eu penso que si lle gusta a fotografia e explica a escena real porque non vai poder sacar esas fotos? e tampouco penso igual no de que un periodista deba deixar as sensacions a un lado porque penso que e un profesional e el sabe o que pode escribir ou non
ResponderEliminarTotalmente de acordo con Bruno.
ResponderEliminarhttp://anatomiadunhapolemica.blogspot.com/
ResponderEliminarNon é tan difícil, sae no primeiro post.
E, Paranoia, "diBertira"?? Non é por ser pedante nin nada diso; dígoo con todo o respeto do mundo, pero somentes pretendo que sexa unha corrección constructiva para que teñas coidado a próxima vez...
Upps! gracias Paula, non me fixei ao escribir, e gracias pola dirección do outro blog.
ResponderEliminarAcabo de vela imaxe dende outro ángulo e estou de acordo con Paula, si que é certo que a parexa atópase a certa distancia do morto, pero non hai tanta diferencia, non como para crear unha polémica. Penso que estamos a facer unha montaña dun grao de area.
ResponderEliminarGracias, Paranoia. Sexa a conclusión a que sexa, creo que xa é hora de cambiar de tema, que levamos 3 semanas. ¿Alguén lle manda un post a Xiana?
ResponderEliminarA min paréceme ben que lle guste a fotografía e que queira mostrarnos o seu talento que eu non dudo de que o teña pero o xornal non me parece o lugar adecuado creo que xa o dixen noutras ocasións pero e que ó meu ver e un medio para transmitir información dos sucesos que pasan non para facernos reflexionar, quero decir que penso que debería utilizar outro medio para iso.
ResponderEliminarE respecto ó da obxectividade, se por exemplo un periodista está relatando como foi un suceso pois a un pode parecerlle ben, a outro mal,... es se transmite iso na redacción do artigo pois nós ó lelo vainos a transmitir a información doutra forma, non sei se me explico.
Teño unha pregunta para paranoia: ¿onde leiches o artigo de bauluz? Fago esta pregunta porque a afirmación "vai acompañando un texto que o aclara todo" da a entender que leiches o artigo.
ResponderEliminarPor certo, estou deacordo con Paula en que deberiamos deixar este tema asi e ir con outro.(Debo aclarar que esto é ironia, pois non todo o mundo ten porque saber que é unha estupidez decir "xa estou aburrida deste tema, por favor, que alguen traballe un pouco e faga outro post").
Daniel, primeiro: creo recordar que o artigo, ou un resumo del, leeuno David Penas na clase. E segundo: (sen ironías) eu estou de acordo con Paula. Non é que o tema aburra, senon que levamos tanto tempo a falar del que, polo menos ao que a min respecta, non hai mais que decir. Cada un ten a súa opinión e non a vai cambiar agora a non ser que alguén atope o argumento definitivo. Eu xa fixen un post, pero non é mala idea que alguén escriba outro novo.
ResponderEliminarImos ver, todas aquelas persoas que non teñan nada que aportar que se estean caladiñas. Para os que non o saiban, suplantar a identidade de alguén sí é delito, asique por favor, a tódolos alumeados, SHHH! Graciñas.
ResponderEliminarPD: Paranoia, lin o teu e-mail, máis me foi imposible arranxalo antes, sintoo.(Aínda que ben se nota cando escribes tí e cando non...)
Xa se arranxou o de Paranoia non si?
ResponderEliminarSi, polo visto non era o autentico Paranoia, senón quee ra unha persoa facendose pasar por Paranoia baixo un pseudonimo, pido disculpas se ofendin a Paranoia, pero o verdadeiro.
ResponderEliminarUn cordial saudo.
Daniel, creo recordar que eu en ningún momento fun ofensiva contigo. E se o fun, síntoo, eh? O que pasa é que creo que xa se dixo moito sobre este tema, simplemente iso.
ResponderEliminarNa miña opinión neste reportaxe vexo como se manipula a información; como algunhas veces fannos creer cousas que a veces non as son. Según a perspectiva que lle conveña a cada un; dun mesmo caso podese dar varias perspectivas, manipulando a información a convenencia de cada un.
ResponderEliminarPero outra banda tamén temos que destacar a frialdade con que tomamos certos temas, porque neste caso moi preto ou moi lonxe esa parella tiña unha persoa morta case a carón; e segirón a sua vida como si nada.
Neste comentario estou a dar a miña opinion solbre o caso,ajena os comentarios que se ecribiron antes.
Respeto o comentario de Sandra onde di: tamén temos que destacar a frialdade con que tomamos certos temas, porque neste caso moi preto ou moi lonxe esa parella tiña unha persoa morta case a carón; e segirón a sua vida como si nada.
ResponderEliminarQue pretendes que fixesen? que fosen hasta a posición do cadaver a molestar ós operarios que están a tratar co corpo? ademáis xa bastante teñen con ter o corpo o corpo ó seu "lado" como para que estén mirando para el ou chorando.
Por outro lado eu non vexo que se manipule nada, o contrario parace que nos estamos manipulando todo; parece que el manipula a información pero non e nos estamolo a acusar.
El unicamente fala da indiferencia hacia o occidente e puxo esa imaxe. Nos estamos a toma-lo todo a tremenda.
Para semana se o profe mo permite farei unha entrada.
Un cordial saudo.
Eu coincido con Alex, non hai manipulación de datos de datos en ningún momento. O que si quero decir que na foto exposta no outro blog, no que se ve a escena dende outro punto, non había ninguén atendendo ao morto agás uns poucos que miran para el. Ainda que é certa a posibilidade de que esta imaxe fora realizada tempo antes que a de Bauluz. Iso non o sei, polo que non podo opinar ao respecto.
ResponderEliminarPero vamos a ver, se estás na galería de arte moderno, e queres cunha imaexe expresar todos os temas da indiferencia de occidente pareceme moi ben. O arte e posiblemente a maior e mellor forma de expresar de maneira subxertiva practicamente todo, pero ahora, nun periódico, non me parece normal, sencillamente eso. Eu compro a prensa como El Pais para ter información máis ou menos obxetiva, eso xa depende de cada un, e poder sacar as miñas conclusión, o que non quero e que me poñan diante esta foto que me fai pensar mira que mal esta parella cando ela non tiña culpa ningunha, e solo porque un fotográfo tiña ganas de que o papel de periódico fose a súa particular galería de cara a premios. Non estou de acordo con esta foto, en absoluto. PD: xa sei que nun post anterior defendin que podía verse de dúas formas a foto, simplemente agora penseino mellor, recapacitei e esta e a miña conclisión.
ResponderEliminarVale Pablo, pareceme ben que cando vaias comprar a prensa busques información obxetiva nela mais hoxe en día esto non se ve. A foto de Bauluz é tan obxetiva como calquer titular que escollas do periódico. Agora os titulares (igual que dita foto) fabse para chamala atención do lector. Moitas veces cando leo unha noticia (coa idea de que esta é obxetiva) decátome de que non ten nada que ver co título. Pero por todas esas noticias e titulares non se protesta, sen embargo estamos a falar dunha simple imaxe que se mencionou na clase e da que alguén (neste caso David e Xiana) fixo unha entrada. ¿Por que esta noticia e non outra? Ao final tódos os periodistas fan o mesmo...
ResponderEliminarParanoia, porque hoxe en día non vexas información obxetiva na prensa, ten que estar eso ben? Se nós non cambiamos as cousas, non seremos máis que títeres manipulados pola sociedade, a min paréceme mal que nun periódico supostamente serio, aparezan cousas así de revolucionarias, a prensa amarillista debería estar máis regulada, e informar coa absoluta verdade ao lector.
ResponderEliminarEu estou de acordo con Pablo neste último post, o periódico non é o lugar idóneo para poñer una fotografía así se esta non é totalmente real. Se eu vou a unha praia e me atopo a un morto que xa está sendo atendido polo persoal sanitario, non vou a interrompelo seu traballo para meterme a rescatar a un morto, e moito menos porme a chorar por un descoñecido, sexa ou non inmigrante, é máis, como sabía esa parella que era un inmigrante? solo polo seu aspecto? quizais iso sexa un tanto racista, non? A parella actuaría igual se fose ou non un inmigrante. Non sabémolo motivo polo que esa parella está nesa praia. Se está de vacacións por un período de tempo moi curto, vai ter que voltar á casa ou ao hotel polo simple feito de que na praia se atopen un morto? No mundo morren diariamente milleiros de persoas, e non por iso estamos todos chorando por eles... Ademais, a parella está mirando nesa mesma dirección, polo tanto, tampouco están disfrutando tanto do seu día de praia, senon que están atentos ao que está pasando...
Despois de todo isto q di Vanessa pouco mais hai q decir, aparte de que ainda que nos pareza mal ou ben nos periodicos e nos medios de comunicacion en xeral nunca nos mostran a realidade o 100%, asique non entendo o de criticar tanto esa foto se cada dia hai unha morea delas... e referente o de ter que marchar para o hotel ou asi, eso non, peo eu non me sentiria moi bn volvendome a meter na auga todo feliz despois de ter un morto diante miña...
ResponderEliminar