martes, 17 de mayo de 2011

Mentira, literatura, ficción, manipulación

Debatida xa a lexitimidade da fotografía de Bauluz, do P.S. de Rico, das declaracións de Cercas... Plantexo agora outra cuestión: Que hai das mentiras do día a día nos xornais?

Se queremos realmente xulgar todos estes feitos, todo o tema principal da discusión entre estes periodistas, na miña opinión habería que partir dende a sabenza de que todo o que se di nos periódicos é verdade. E mais ben non. Moitas veces non nos damos de conta; pero a información que chega a nós está completamente mediatizada, xa sexa por motivos de orientación política do xornal (ou do director), de intereses económicos, publicitarios, etc., a falta de verdade é unha constante en tódolos medios de comunicación que están á nosa disposición.

Se ata Cercas defende a omisión e os cambios a conciencia da información. Se ata Espada, que tanto defende o uso da verdade, seguro que algunha vez a traizoou polo motivo que fora. Nin contrastando información, nin lendo enteiro El Mundo e despois El País podemos chegar a coñece-la verdade auténtica da información, sobretodo se esta é relativa a cuestións políticas. Supostamente iso é algo que non se pode facer; NON se pode mentir nun xornal, un xornalista debería ser un mero escribán que fai chegar á xente a información que recibe. E se xa nas seccións “normais” do periódico, onde a información debería ser obxectiva, ocurre isto; que podemos atoparnos nas de opinión...

Na miña opinión, o sarcasmo se pode empregar cando o emisor o entende. Unha imaxe non pode ser manipulada, pero se realmente existiu e quere facer ver algo, pode ser publicada aínda que sexa un tema algo controvertido. Pero o que non é lexítimo de ningunha maneira é manipular á xente, aproveitando que supostamente lle estás facendo chegar información.

Por suposto esta é a miña opinión... Se falta algo xa será completado. E se hai alguén en desacordo, paréceme perfecto, que para iso estamos escribindo aquí.


Paula Franjo 

9 comentarios:

  1. Estou de acordo con Paula. Un xornal e un medio de información non de desinformación e deberiase ceñir a pura verdade, alonxándose de ideais políticos e económicos, é máis debería estar penado pola lei xa que nos están vendendo falsedades.
    tamén cabe decir que algunhas veces non todas as diferenzas de información entre un periódico e outro se fan adrede, senón que os periodistas teñen diferentes puntos de vista e para os que uns é así para outros e doutra maneira.

    ResponderEliminar
  2. Estou totalmente de acordo con Paula e con Alex. Sin embargo non creo que sexa necesario que isto sexa penado pola lei polo que ti mismo afirmas, Alex, cada periódista ten o seu punto de vista e aínda que iso non debería afectar no artigo que redactan para o xornal, si que é certo que seguen sendo persoas e a opinión os traizoa. Sexa cal sexa a noticia da que falan sempre estará presente, en maior ou menor parte, o punto de vista do periodísta. Pero tendes razón, non deberían utilizar a mentira polo partido político do xornal, por economía, ou por chamala atención do lector (que tamén se fai moito),

    ResponderEliminar
  3. Estou tamén dacordo con Paula. Sigo dicindo que ainformación que recibimos a diario nos xornais está manipulada en certa maneira. Cada un dalle o enfoque que lle convén, sexa por motivos políticos ou simplemente esaxerando ou modificando as cousas para que o seu artigo sexa mais lido.

    ResponderEliminar
  4. É bastante curioso que tanto Paula como paranoia coincidan en que non se debe manipular a información dun xornal e que cando se trata de un tema de "racismo" teñan que replantear a súa opinión.

    ResponderEliminar
  5. Daniel, poderías explicarme iso, por favor? É que non acerto a entendelo

    ResponderEliminar
  6. Para comezar teño que decir que empeza a haber un grabe problema, xa empezamos a estar dacordo, e asi non hai debate, pero volvendo o tema do que estamos a falar primeiro teño comentar que un periodista non pode dar unha opininon nunca,so nun apartado que hai en algun xornal que se chama OPINION, no resto das noticias teriase que narrar o suceso 'con pelos e señales' e nas imaxes que se mostran outro tanto do mesmo, polo que non se pode defender un periodista que faga o contrario.

    ResponderEliminar
  7. O tema da manipulación de información é moi interesante. A meirande parte do que lemos nos xornais, na televisión, na radio ou no internet está manipulado pola xente que o publica, coa fin de facer creer á xente algo que non é verdade.

    Para min un claro exemplo de isto, e que me deu moito que pensar foi un video que atopei fai tempo en youtube, e me gustaría que virades vós tamén, pese a que é moi longo faise moi entretido, moitos de vós xa o vichedes na nosa exposición de ciencias para o mundo contemporáneo.

    http://www.youtube.com/watch?v=gKwk8Kq8QXA


    Para min, manipular a realidade de esta maneira non se xustifica para nada, e non se debería permitir baixo ningunha circunstancia, e menos nun xornal supostamente serio. Se a mentira ou manipulación é algo tan común que non nos damos nin conta, en quen podemos confiar?

    ResponderEliminar
  8. A información moitas veces está manipulada polos propios medios e o único que fan a maioria das veces e sembrar o medo na xente e non pensamos nas consecuencias que eso pode traer. O exemplo témolo estes días co caso das verduras en concreto dos pepinos.
    No caso Bauluz móstranos unha foto cunha persoa morta, da igual da raza que sexa segue sendo un ser humano e o único que fan é manipular a noticia para xogar cun tema tan delicado como é o racismo e a inmigración.

    ResponderEliminar
  9. Hay que ver lo poco que duró este blog eh!? Ya está abandonado...habría que sacar otro tema! =)

    ResponderEliminar